Novidades

Visita "Da Escola á Granxa"

Casa Labradela, Xove 

4 e 5 de Outubro 2023

Os grupos de 1º e 2º de Primaria visitarán a granxa Labradela o día 4 de Outubro

Os grupos de 3º e 4º de Primaria, visitarán a granxa Labradela o día 5 de Outubro

Visita "Da Escola á Granxa"

Tropic Gaia, Xove

26 e 28 de Setembro 2023

Os grupos de 5º e 6º de infantil visitarán a granxa Tropic Gaia  o día 26 de Setembro. 

Os grupos de 5º e 6º de Primaria, visitarán a granxa o día 28 de Setembro

Voluntariado de familias 

"Areeiro de Infantil"

23 Setembro 2023

As familias axudarán a rematar  o areeiro de infantil.

Doazón de Equipos informáticos

Xuño 2023

Se precisas un ordeador de sobremesa/portatil,  a ANPA pon os antigos equipos a disposición dos socios. 

Solicitude online  

Programa "Da Escola á Granxa"

20 Xuño 2023

Sae publicado a resolución das subvencións convocadas pola Área de Medio Rural da Deputación de Lugo, e o CEIP Santa Rita concedeuselle 4 visitas a granxas e 1 obradoiro. As actividades realizaránse durante o primeiro trimestre do curso 2023-24.

Resolución BOP

Graduación 6º Primaria

20 Xuño 2023

Compra de togas e birretes para graduación de 6º de Primaria. 

NOVA DATA! 

Convocatoria Pacífica

15 de Xuño

A ANPA convoca a tódalas familias do CEIP Santa Rita de Galdo á concentración do próximo xoves 15 de Xuño as 14:30 para pedir solucións aos graves problemas que presentan as instalacións do centro escolar.

Galdo Surfea

12 Xuño 2023

Saída de surf con Viveiro Surf Escola para nenos e nenas a partir de 6 anos e que sepan nadar.   

Obradoiro de Nutrición

19 de Maio

Charlas de nutrición e hábitos saudables impartidas pola nutricionista Angeles Novo a tódolo alumnado do centro (infantil e primaria) . Estas charlas forman parte das 

Canal de Youtube Angeles Novo Nutrición

Ángeles Novo Nutrición | Lugo | Facebook   

Charlas de Prevención de Incendios 

21 de Marzo 2023

Visita dos axentes do Distrito Forestal VI Mariña. Charlas e sesión de demostración práctica para o alumnado de infantil e primaria.  Prantado de árbore e instalación de casiña para paxaros.

Saída en familia: 

Observación Astronómica 

18 e 25 de Marzo 2023

 Saídas de observación astrolóxicas para familias ao punto Startligh de Muras. 

Charlas de Astronomía

13  Marzo 2023

Charlas teórico-prácticas sobre astronomía para tódolo alumnado de infantil e primaria. 

Festa Entroido

17 Febreiro 2023

Celebramos o comezo do Entroido cunha festa con DJ en directo, photocall de globos, xogos tradicionais, pintacaras e chocolate con biscoito, orellas e filloas!

Amazon: un clic para el cole 

    Xaneiro 2023

102,56 € recaudados durante a Campaña de doazón, onde Amazon doa a centros educativos o 1% das compras realizadas ata o 26 de Xaneiro de 2023. 

Almanaques 2023

14 Decembro 2022

Recibimos os almanaques de 2023 coas fotografías de toda a comunidade educativa, e este ano coa novidade de empresas próximas aos nen@s de Galdo! 

Pista de Xelo

Decembro 2022

Reparto de BONOS DESCONTO DE 2 € entre tódolo alumnado do cole. Esta iniciativa foi coordinada grazas a ANPAs de A Mariña (en especial a ANPA de Xove)  

Visita  do apalpador

13  Decembro 2022

O apalpador visitou o cole e veu cargado de unha maleta chea de obxetos e rollitos de Panadería de Galdo para que ningún bandullo quede sen encher.

Excursión Cogumelos para 5º e 6º de Primaria

10 Outubro 2022

O concello de Ourol aporta transporte escolar para que os alumnos de 5º e 6º de primaria poidan realizar a visita de recollida de cogumelos no concello. 

Mantemento do Desfibrilador

4 Novembre 2022

Empresa especializada leva a cabo o mantemento do desfibrilador instalado no colexio.

Este desfibrilador foi comprado pola ANPA no ano 2017, e precisa revisións periódica. Sustituese os elementos caducados; novas baterias e parches (infantil e adulto)


Visita das meigas da ANPA

28 Outubro 2022

As meigas visitaron o cole para levar un doce terrorífico de Panadería de Galdo e decoracións de A fiestra das ilusións. Todo para asegurar que @s nen@s do cole de Galdo desfrutaran do Samaín!

Eleccións Pai/Nai Delegado da Clase

17 Outubro 2022 

Organizánse as votacións para Nai Delegada de 1º e 6º de Primaria. Limitado ás familias asociadas de estes cursos.