Transporte Escolar
No CEIP Santa Rita de Galdo conviven dous tipos de transporte escolar:
Transporte Escolar da Xunta:
Xestionado directamente polo propio centro escolar. Debedes dirixirvos ao colexio e cumplimentar un formaluario ali dispoñible.
Transporte Escolar xestionado pola ANPA
O transporte escolar dende Viveiro ao colexio é xestionado directamente pola ANPA. Se estás interesado/a neste servicio, únicamente tes que cumplimentar o formulario de mais abaixo.
O custe do servizo é de 50 €/mensuais.
Ruta
Estación de autobuses - Centro de saúde - Plaza Donapetry - Nicolás Cora - Plaza de Lugo - Covas: Fonte- Covas: Pedregal - Cantarrana - (Misericordia)* - Mussi - Verxeles - Magazos (Gadis) - Magazos (Agricentro) - Colexio de Santa Rita de Galdo (9.30)
(*)Parada actualmente en desuso. Pero posibilidad de activala se hai usuarios interesados.
Algunha vez calculaches o custe de usar o coche para ir ao cole?
Xa o calculamos nós por ti :)
E se ademais te contamos que os pais e nais que contratan o bus poden desfrutar de ter 1 hora cada día para facer o que eles queiran? Sí, o bus aforrate 20 horas no coche cada mes.
Non é maxia, e poñer o teu tempo en valor. Cada vez que colles o coche, aparcas, esperas na porta, volta a coller o coche,e aparcar na casa.... é un mínimo de 30 minutos. Cronométrate a próxima vez que vaias ao cole!
Non o penses mais e contrata o servicio de transporte escolar no link de mais abaixo.